jueves, 5 de abril de 2012

En políticas de igualdade nin un paso atrás

O RECORTE PRESUPUESTARIO DO GOBERNO CÉBASE COA IGUALDADE!
UN 21,6% MENOS PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA!
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/03/actualidad/1333458858_638721.html

Para esas persoas que pensan que existe unha igualdade de xénero na actualidade van dedicadas unhas cifras da ONU (Organización das Nacións Unidas) organización que non é precisamente coñecida por ter unha ideoloxía feminista:
-Un terzo das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres soas.

-O 75% das persoas pobres son mulleres.

-O 75% das persoas analfabetas son mulleres.

-O 80% das persoas refuxiadas ou desprazadas no mundo son mulleres.

-As mulleres cobren o 67% de horas de traballo do mundo, pero só gañan o 10% e son propietarias do 1%

-O salario das mulleres en países industrializados supón entre un 30 e un 40% menos que o dos homes.

-110 millóns de mulleres e nenas sufriron mutilación xenital; cada ano, seguen a ser mutiladas 2 millóns máis.

-Nas guerras, as mulleres son violadas en masa. A violación é utilizada como arma.

-De cada tres mulleres, unha recibe malos tratos no mundo.

-Cada 8 segundos, unha muller é maltratada fisicamente.

-Unha de cada seis mulleres sufriu unha violación na súa vida.

-En China, Bangladesh e Corea do Sur, os infanticidios e os abortos son selectivos. O 99% das vítimas son bebés ou fetos muller. Por esta razón, na China hai 52 millóns de homes máis que de mulleres en idade de casar.

-Haberá que agardar 400 anos para acadar a igualdade laboral entre homes e mulleres (Organización Internacional do Traballo, OIT).


"Quizá te insulten,
quizá no nazcas,
quizá te anulen por mujer,

quizá no llegues
a ser tú misma,
quizá te empujen por mujer,

pero no dejes
de ser la niña
que abraza
todo lo que hay en si,
pero no dejes de ver el mundo
como un espacio por compartir. "

                                                 Pedro Guerra

Se ti non vés máis alá, se non eres capaz de apreciar os estereotipos que nos rodean na política, na economía, na música, na arte, no cine, nos medios de comunicación...etc, non te atrevas a tacharme de radical. OBSERVA,PENSA,ANALIZA,DESCUBRE A REALIDADE E CAMBIAA

                                                                                                    Daisy Alcalde Monteagudo

No hay comentarios:

Publicar un comentario