domingo, 29 de abril de 2012

O que non se ve non existe

Como cada 26 de abril esta semana celebrouse o día da visibilidade lésbica. Día que para o colectivo lésbico é un símbolo de liberdade e loita duns dereitos básicos. O colectivo LGTB (lesbianas, gays, transexuales e bisexuales) encóntrase nunha situación de marxinación pero no caso das mulleres a discriminación e dobre polo feito de ser mulleres e lesbianas.
O manifesto da FELGTB deste ano reivindica:
“Siendo visibles ganamos todas, ganamos más referentes, más salud, más libertad, más placer, más plenitud. Siendo visibles podemos exigir a las instituciones un compromiso público y firme de apoyo a la visibilidad lésbica, adoptando las medidas necesarias que nos dejen desarrollarnos plenamente en el entorno familiar, laboral, sanitario, educativo y social, de una manera real”.

EXPULSANDO O MACHISMO
EXPULSANDO A HOMOFOBIA
GAÑANDO DEREITOS
GAÑANDO IGUALDADE
#faitevisible


                                                                                                    Daisy Alcalde Monteagudo



jueves, 5 de abril de 2012

En políticas de igualdade nin un paso atrás

O RECORTE PRESUPUESTARIO DO GOBERNO CÉBASE COA IGUALDADE!
UN 21,6% MENOS PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA!
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/03/actualidad/1333458858_638721.html

Para esas persoas que pensan que existe unha igualdade de xénero na actualidade van dedicadas unhas cifras da ONU (Organización das Nacións Unidas) organización que non é precisamente coñecida por ter unha ideoloxía feminista:
-Un terzo das familias de todo o mundo está a cargo de mulleres soas.

-O 75% das persoas pobres son mulleres.

-O 75% das persoas analfabetas son mulleres.

-O 80% das persoas refuxiadas ou desprazadas no mundo son mulleres.

-As mulleres cobren o 67% de horas de traballo do mundo, pero só gañan o 10% e son propietarias do 1%

-O salario das mulleres en países industrializados supón entre un 30 e un 40% menos que o dos homes.

-110 millóns de mulleres e nenas sufriron mutilación xenital; cada ano, seguen a ser mutiladas 2 millóns máis.

-Nas guerras, as mulleres son violadas en masa. A violación é utilizada como arma.

-De cada tres mulleres, unha recibe malos tratos no mundo.

-Cada 8 segundos, unha muller é maltratada fisicamente.

-Unha de cada seis mulleres sufriu unha violación na súa vida.

-En China, Bangladesh e Corea do Sur, os infanticidios e os abortos son selectivos. O 99% das vítimas son bebés ou fetos muller. Por esta razón, na China hai 52 millóns de homes máis que de mulleres en idade de casar.

-Haberá que agardar 400 anos para acadar a igualdade laboral entre homes e mulleres (Organización Internacional do Traballo, OIT).


"Quizá te insulten,
quizá no nazcas,
quizá te anulen por mujer,

quizá no llegues
a ser tú misma,
quizá te empujen por mujer,

pero no dejes
de ser la niña
que abraza
todo lo que hay en si,
pero no dejes de ver el mundo
como un espacio por compartir. "

                                                 Pedro Guerra

Se ti non vés máis alá, se non eres capaz de apreciar os estereotipos que nos rodean na política, na economía, na música, na arte, no cine, nos medios de comunicación...etc, non te atrevas a tacharme de radical. OBSERVA,PENSA,ANALIZA,DESCUBRE A REALIDADE E CAMBIAA

                                                                                                    Daisy Alcalde Monteagudo

martes, 3 de abril de 2012

Cancións sexistas

¿Somos conscientes dos estereotipos e sexismos que nos rodean?
http://www.youtube.com/watch?v=nS_WORd03XY&context=C4733305ADvjVQa1PpcFNuHe2_ktiDxsCB929WcyzlTZCWRbyEYMc=

"Neste video inténtase reflexar a través de algo tan diario como escoitar música a realidade desta sociedade patriarcal, na cal a discriminación ó xénero femenino é un problema máis común do que se pensa.

A primeira parte deste video céntrase nas cancións infantís que etiquetan os roles sociais e os papeis que deben desempeñar as mulleres.

Na segunda parte aparecen cancións nacidas en décadas anteriores. As letras machistas son evidentes e moi fáciles de identificar.

A terceira parte está composta por cancións das últimas décadas nas que polo xeral o sexismo está máis oculto facendo de esta discriminación algo aínda máis perigoso posto que non reparamos da mesma forma que coas cancións anteriores xa que son letras menos directas. Nestas letras obsérvase especialmente o sentimento de dependencia hacia un home e a pouca valía dunha muller sen unha presencia masculina ao seu carón.

A cuarta parte está reservada para unha modalidade musical que comezou a estar de moda fai uns anos e é unha das grandes exposicións de machismo actuais posto que están nos medios e no entorno das novas xeracións. Estas cancións degradan á muller convertíndoa nun obxecto sexual ou nun ser caracterizado pola maldade.

Por último aportei algunhas das cancións feministas que se centran principalmente na loita en contra da violencia de xénero e que aínda que representa unha parte moi pequena dentro da música contribúen coas súas letras á búsqueda dunha sociedade igualitaria e xusta"

                                                                                                       Daisy Alcalde Monteagudo

domingo, 1 de abril de 2012

Benvid@s ó soño de Lilith

 Somos un grupo de mulleres, a maioría estudantes de diferentes graos na Universidadede Vigo que nos organizamos para encontrar a persoas coas mesmas inquietudes e así unir forzas, opinións e ideas para lograr a meta que tod@s @s integrantes desta organización desexan.
Somos unha asociación feminista que loita polos dereitos das mulleres e ten como fin conseguir unha igualdade real en tódolos ámbitos sociais.

Loitamos por:
-IGUALDADE DE XÉNERO
-Promover e defender a lingua e cultura galega
-A ecoloxía, defensa dos animais...
-Eliminar a homofobia, racismo...
-Defensa dos Dereitos Humanos e dos dereitos LGTB

En definitiva,defensa da igualdade e do respecto entre todas e todos independientemente da etnia, sexo,status,
economía, cultura, idioma...etc
Visita a nosa pácina web:  http://www.wix.com/daisyalmon2/osonhodelilith 

"Lilith fue la primera mujer, ni heroína, ni princesa, ni voluble, ni perversa, crece libre y no se deja someter"

                                                                                                   Daisy Alcalde Monteagudo